presentacion

Apresentación do III. geoEuskadi Kongresua & XV edición das JIIDE 2024

Este ano, a través do CODIIGE, celébranse conxuntamente as Xornadas Ibéricas de Infraestruturas de Datos Espaciais (JIIDE) e o III Congreso geoEuskadi Kongresua para aproveitar, impulsar e promover as actividades relacionadas coa información xeográfica en todos os sectores, tanto os temas relacionados coa publicación ou accesibilidade normalizada dos datos xeográficos como aqueles asociados coa produción, procesamento e a súa explotación.

As JIIDE son o resultado da colaboración da Direção-Geral do Território de Portugal, o Instituto Geográfico Nacional de España, a través do O. A. Centro Nacional de Información Xeográfica, o Govern d' Andorra. Pola súa banda, o geoEuskadi Kongresua é responsabilidade da Dirección de Planeamento Territorial e Agenda Urbana do Goberno Vasco. Este ano, todas estas organizacións uníronse para cooperar e contribuír nun evento que se celebrará no mesmo espazo e tempo co propósito de atraer e reunir aos maiores expertos, técnicos e especialistas en todos os sectores da información xeográfica da administración, empresas e universidades.

Este evento conxunto terá como tema de fondo as cuestións relacionadas coas novas tendencias tecnolóxicas para a accesibilidade e reutilización dos datos e as técnicas actuais de observación e representación da Terra.

O lema elixido nesta ocasión é:

«O valor do dato xeoespacial»

Os datos xeoespaciais dixitais representan un importante factor de crecemento económico, competitividade, innovación, creación de emprego e de progreso social. Por iso, neste evento propónse como un dos puntos de vista primordiais o aproveitamento das novas tecnoloxías como o Big Data ou a Intelixencia Artificial para obter ideas e poder tomar mellores decisións de negocios ou crear sistemas que poidan realizar tarefas que normalmente requiren a interacción humana.

Por outra banda, a unión de esforzos para a coprodución e harmonización de datos entre diferentes administracións e organizacións seguen sendo outro dos pilares básicos para dispor de datos xeoespaciais de valor, encamiñados a converterse en verdadeiras informacións de referencia. Estamos nun momento de renovación causado pola avaliación que se está realizando da Directiva INSPIRE, a actualización de normas sobre datos espaciais medioambientais e acceso á información medioambiental (GreenData4All) e as regulacións sobre as disposicións sobre os datos abertos ou a gobernanza do dato que van producir unha modernización e reaxuste para a publicación e reutilización dos datos xeoespaciais.

Destácase que os datos xeoespaciais clasificados como Conxuntos de Datos de Alto Valor forman parte do movemento "datos abertos", cuxo obxectivo é promover a posta en común da vasta información recollida, producida e mantida pola Administración Pública cuxa reutilización destes datos beneficia a diversos colectivos e sectores da sociedade e contribúe ao desenvolvemento económico asociado á transformación dixital onde, por exemplo, o tratamento e integración de datos como os estadísticos, medioambientais, turísticos, etc. permiten crear valor engadido.

Dende este evento tamén se amosarán exemplos de reutilización dos conxuntos de datos de alto valor xa sexan mediante as OGC API ou os actuais servizos de descarga e os formatos interoperables.

A unión destes acontecementos vai representar un espazo privilexiado para o impulso e reflexión da información xeográfica e un escaparate dos proxectos máis novedosos e innovadores na península ibérica, así como o intercambio de experiencias a través de talleres técnicos que teñen como obxectivo compartir coñecementos sobre temas concretos e de mesas redondas que pretenden promover o debate.

Este ano as JIIDE xunto co Congreso geoEuskadi Kongresua celebraranse en Vitoria-Gasteiz en modalidade presencial do 13 ao 15 de novembro, e, como todos os anos, a participación é gratuita, sendo necesario rexistrarse previamente en cada unha das sesións, mesas redondas ou talleres. Tamén será posible seguir as xornadas en modalidade virtual.

pie-banners

geoEuskadi
Gobierno Vasco
IDEE
Govern d'Andorra
DG de Territorio Portugal
Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible