Temas das XV Xornadas de Infraestrutura de Datos Espaciais e III. geoEuskadi Kongresua
O lema elixido nesta ocasión para as XV Xornadas de Infraestrutura de Datos Espaciais e para o III. geoEuskadi Kongresua é:
«O valor do dato xeoespacial»
En relación con este lema, foron seleccionados unha serie de temas cos que tanto os resumos como os talleres que se vaian presentar nas xornadas deberán identificarse:
- O valor dos datos e servizos web xeográficos:
Conxuntos de datos e servizos xeográficos preferentemente abertos e de referencia para a súa reutilización, así como técnicas, normas ou experiencias na súa produción ou explotación.
- Big Data e Intelixencia Artificial:
Novas técnicas de procesamento de datos aplicadas aos datos xeográficos e ao territorio.
- Ferramentas e tecnoloxías en xeomática:
Tecnoloxías xeoespaciais para o procesamento, explotación, uso e difusión de información xeográfica.
- IDE e proxectos colaborativos:
Infraestruturas de datos espaciais e iniciativas colaborativas para a publicación de información xeográfica.
- Aplicacións multidisciplinares das IDE e a información xeográfica:
Presentar exemplos exitosos da explotación e uso das infraestruturas e datos espaciais en diferentes disciplinas.
- Compartir experiencias e boas prácticas:
Entre institucións, empresas e profesionais do sector da xeoinformación, en prol de acadar unha maior harmonización, reutilización, interoperabilidade e en definitiva suma de esforzos e beneficios, na produción e mantemento de datos ou servizos web xeográficos.